Como parte das actividades de conmemoración do Día do Libro creamos entre todos un libro xenial. Agora polas Letras Galegas veremos o resultado tan orixinal que tivo a creatividade dos nosos nenos! Aquí podedes votarlle unha ollada o noso libro viaxeiro!
Día da árbore
O pasado xoves 19 de marzo celebramos no noso cole o día da árbore. Plantamos un acivro.
Este ano tocounos aos nenos e nenas de 3º poñerlle un nome a árbore.
Chamámoslle BOLIÑAS VERMELLAS
Primeiro, por grupos, fomos polas clases explicándolles a todos como era o acivro que iamos plantar.
Despois plantamos o acivro...
SAÍDA POLO ENTORNO DO NOSO CENTRO
SAÍDA POLO ENTORNO DO NOSO COLE.
FIXÁMONOS EN TODO O QUE NOS RODEA, E CON TODOS OS SENTIDOS.
DESCUBRIMOS DISTINTAS PAISAXES.
Entrega de trofeos
Neste trimestre celebrouse o 1º campionato de Brilé no CEIP Laverde Ruíz.
Primeiro houbo unha liga de 3º e outra de 4º. Despois competiron, nos recreos, 3º contra 4º.
Aqui temos as fotos da entrega de premios.
Mural do Nadal de 3º
Os nenos de 3º traballamos cos nenos de infantil de cinco anos da clase de Mª José para eleborar conxuntamente un mural do Nadal.
Pasámolo moi ben e quedounos moi bonito.
Pasámolo moi ben e quedounos moi bonito.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




